El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistió al acto de Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistió al acto de Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistió hoy, acompañado por miembros de su Gobierno, al acto de Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago y a la Santa Misa que se desarrolló en la Catedral de Santiago.

 

Primeira vez que un alcalde de Santiago asiste á Ofrenda do Apóstolo co traxe tradicional de garda

 

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asisitiu vestido co traxe tradicional galego de garda á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. É a primeira vez que un rexedor da capital de Galicia utiliza esta indumentaria durante a cerimonia.

O traxe utilizado polo alcalde é o tradicional de garda (o utilizado para domingos e festivos) da zona do Val da Mahía. Foi confeccionado en pano negro e conta con tirolas, chambra, chaleque e chaqueta. Leva terciopelo negro e está adornado con botós plateados e uns mínimos bordados

 

Pilar Rojo pide ao Apóstolo que guíe aos gobernantes na busca de "decisións sabias e acaídas ás necesidades do momento

 

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, realizou a tradicional Ofrenda Naciona ao Apóstolo Santiago. Na mesma, lembrou especialmente a crise económica e demandou do Santo o seu amparo para os afectados pola mesma e o acerto dos gobernantes para saír desta situación.

Pilar Rojo comezou a súa intervención desexando "profundamente" a recuperación do Códice Calixtino e recordando a longa tradición de Compostela como "cidade universal" e forxadora dun espírito de tolerancia e concordia que modelou modelado a forma de ser do pobo galego". Repasando os 800 anos de historia da Catedral, recordou que "a Europa da tolerancia, da democracia e dos dereitos da cidadanía, que tivo neste santuario a súa primeira meta espiritual e cultural, viviu moitos momentos de dificultade e de desalento, dos que saímos grazas ao esforzo e á ilusión conxunta", engadiu.

Hoxe, dixo, "vivimos inmersos nunha grave crise económica que ten como principal consecuencia o desemprego que afecta a moitas familias". Acordouse de mulleres e mozos como os máis afectados por esta crise e recoñeceu que a mesma é "causa de desalento e incertidume para unha parte importante dos nosos conciudadanos".

Por todo, a delegada rexia expresou a súa confianza en que "sexamos quen de articular solucións para as graves dificultades cotiás ás que nos enfrontamos. Solucións que, seino ben, deben nacer do esforzo conxunto de todos nós, solucións coas que poidamos construír un futuro máis xeneroso e solidario". Neste sentido, pregoulle ao Apóstolo que guíe os nosos gobernantes, para que sexan quen de adoptar decisións sabias e acaídas ás necesidades do momento. Que o ben común sexa a guía de cantas medidas se acorde

 

 

 

FOTO: Xunta de Galicia y Conceyo de Santiago.

  • Los actos se celebraron en la plaza del Obradoiro y en la Catedral
    Autor: Conchi Paz

 

 


Dejar un comentario

captcha