Éxito do Maratón de Pesca por Parellas organizado por REMANSO no encoro de Portodemouros ( Arzúa )

Éxito do Maratón de Pesca por Parellas organizado por REMANSO no encoro de Portodemouros ( Arzúa )

Finalmente, foron 40 os pescadores que se deron cita este sábado no encoro de Portodemouros para participar no III Maratón de Pesca por Parellas posto en marcha polo establecemento especializado en caza e pesca Remanso, con sede no concello de O Pino. Nunha xornada marcada polas altas temperaturas, os participantes, organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como troitas. En total obtivéronse 50 quilos de escalos e  troitas. En escalos, a parella gañadora presentouse como "Os Pichaquentes", e estaba formada por Jesús Agra Vidal e Jesús Vázquez Pintor os cales foron capaces de meter no cesto algo máis de 10 kg de peixes. En segundo lugar clasificáronse "Os Peixeiros" de J. Ramón Penas e Javier Díaz con 9 kg e en terceiro lugar, "Os Peixes", conformada por Emilio Andrés García e Jesús Andrés García con 8´850 kg.

     En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono "No te toques"formado por Andrés Sande e Oscar Failde ; en segundo lugar situouse a parella "Ranqueiro", de José Manuel Rey e J. Manuel Costa e en terceiro lugar, "Os Peixeiros"  J. Ramón Penas e Javier Díaz. Todos eles obtiveron o seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca.

Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, "a valoración é sumamente positiva, posto que era a terceira vez que se organizaba unha iniciativa destas características, que foi moi ben acollida polos pescadores. Estou moi agradecido a todolos pescadores pola súa participación e o bo ambiente e o compañerismo que se crea durante a competición. Ademáis, de cara ó ano que ven gustaríame organizar para poder comer todos xuntos ó carón do encoro. Quero rematar este terceiro maratón de pesca por parellas felicitando ós gañadores e dando as gracias a todos pola súa participación "


Dejar un comentario

captcha