SUSANA SEIVANE, el Lunes de Pascua en Avilés

SUSANA SEIVANE, el Lunes de Pascua en Avilés

El Lunes de Pascua, Día de la Comida en la Calle en Avilés, actuará Susana Seivane en la Plaza del Parche, a las 20 horas.

 

 

Naceu en Barcelona en 1976 no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Comezou a súa andaina musical aos tres anos de idade da man do seu pai, Álvaro Seivane. Aos 9, trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre (A Coruña). Xa en Galicia, entra en contacto con mestres gaiteiros da talla de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían

grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país.

Durante a súa adolescencia, Susana cursou estudos de solfexo e piano e formou parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada.

 

A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas.

Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

Dejar un comentario