Un tratamento lamentable del galego-asturiano

A Plataforma pola Oficialidá del Galego-Asturiano nun pode máis que calificar de lamentable el tratamento que se fai d’esta lingua nel documento qu’acaba de conocerse firmao pola FSA-PSOE y IU-IX y que marca un acordo das dúas formacióis pra esta lexislatura.  

A Plataforma, formada por xente del asociacionismo cultural del occidente que leva décadas trabayando pol reconocemento y normalización del galego-asturiano, deu a conocer hai ben pouco un documento firmao en Tapia cua Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana y que se mandóu a todas as formacióis políticas representadas na Xunta Xeneral prá súa consideración. Nél recordábase a evolución del movemento social en favor da oficialidá con respecto al galego-asturiano: primeiro inoróulo, despóis propuxo úa formulación unde se contemplaba a oficialidá d’esta lingua nel sou ámbito territorial y na actualidá defende úa equiparación xurídica das dúas linguas basándose nun principio democrático básico d’igualdá. 

Tamén se recordaba qu’en xunio del 2018 publicóuse un documento pedindo un trato igualitario entre as dúas linguas en cualquera reforma del artículo 4.º del Estatuto d’Autonomía qu’incluíra a oficialidá. Iba firmao por máis de 300 personas del estremo occidental asturiano, entre elas alcaldes y conceyales del PSOE.    

Esa idea de tratamento igualitario implica que cualquera formulación que declare oficial el asturiano en toda Asturias peró el galego-asturiano namáis nel sou ámbito territorial é inaceptable pra cualquera demócrata. Supón partir del idea de qu’hai úa lingua de primeira y outra de segunda. Anque núa lei de normalización posterior podan concretarse os ámbitos d’uso das dúas linguas, é mal empezo sentar como principio este trato desesquilibrao.   

Os términos del acordo entre FSA-PSOE y IU-IX, unde se fala de buscar (textualmente, con mayúsculas y minúsculas incluídas) «la oficialidad de la Llingua Asturiana, y de la fala o eo-naviego en su ámbito territorial», supón un retroceso de veinte anos con respecto al qu’hoi propoñemos as asociacióis máis dinámicas del movemento de normalización lingüística, defensoras d’un trato igualitario pras dúas linguas. PSOE y IU tein qu’esplicarnos a os falantes de galego-asturiano por qué admiten qu’el asturiano sía oficial nel territorio d’esta lingua, peró non al rovés.  

Tamén chama el atención qu’os dous partidos, ún d’elos con muitas décadas de responsabilidades de goberno, usen dúas denominacióis pra referirse á nosa lingua y que ningúa sía a de «galego-asturiano», afixada na tradición filolóxica asturiana, nos estatutos del Academia de la Llingua Asturiana que ye encomendan velar por ela, nas normas ortográficas que regulan a súa escritura, nas publicacióis oficiales, en toda a regramentación lingüística dos últimos treinta anos del Goberno asturiano (Lei d’Uso, titulacióis, rexistros de capacitación del profesorao, sistema educativo, currículos, subvencióis, premios, Xunta de Toponimia, decreto de niveles de competencia d’uso...), nas ordenanzas municipales y oficinas de normalización lingüística da zona, nos informes del Conseyo d’Europa sobre el cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexonales, etc. É úa falta de respeto á consideración da nosa lingua y úa irresponsabilidá que decidan alegremente inorar esto. Compartimos a necesidá de buscar un acordo pra que núa reforma del Estatuto s’incluya a oficialidá d’asturiano y galego-asturiano, pro partindo da base d’un tratamento igualitario y respetuoso cua nosa lingua. É el momento da seriedá y da responsabilidá, non de reproducir tics minorizadores que pensabamos que taban superaos. Y muito menos precisamos distraer el atención con concursos terminolóxicos.



Dejar un comentario

captcha