O Premio Honorífico Martín Códax da Música Galega recoñece a traxectoria artística de María Manuela

O Premio Honorífico Martín Códax da Música Galega recoñece a traxectoria artística de María Manuela

A Asociación de Músicas ao Vivo outorga o premio honorífico nesta sétima edición dos Premios Martín Códax da Música Galega á longa e comprometida traxectoria artísica de María Manuela. Desde a organización afirman que esta é “unha homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa”.Desde Músicas ao Vivo salientan a súa longa e prolífica traxectoria musical e, por extensión, cultural, que deixou unha “fortísima pegada” na nosa música e “fixo dela e da nosa lingua as ferramentas para loitar por un mundo mellor”, apuntan. Por esta razón, María Manuela será galardoada co premio honorífico Martín Códax da Música Galega neste ano 2020.

 

Unha vida dedicada á música desde a infanciaMaría Manuela naceu na Coruña en 1945 e criouse no barrio obreiro de Recimil, en Ferrol. Ademáis da súa traxectoria profesional en solitario, hai que destacar o dúo artístico que formou xunto a súa parella. “María Manuela e Miguel” foron referentes da canción protesta, e puxeron en valor a lingua galega musicando poemas dos poetas e poetisas máis recoñecidos do noso país. Chegaron a realizar xiras internacionais acadando un gran éxito. Tal foi así que chegaron a recibir propostas de importantes discográficas, as cales rexeitaron, manténdose sempre fieis aos seus firmes principios.No 1999 publica o seu último traballo en solitario, “Para Miguel”, adicado ao seu compañeiro, máis nos anos seguintes e ata a actualidade, ven colaborando en diferentes proxectos musicais e incluso tamén audiovisuais.

Dejar un comentario

captcha